Tarde solidaria de radio na Coruña cunha nova edición de 'A Radio Conta'
Tarde solidaria de radio na Coruña cunha nova edición de 'A Radio Conta'
As emisoras locais públicas e privadas uníronse na mesma sintonía para celebrar o centenario da radio en España
O público asistente gozou de humor, música ou conversas inusuais, e puido colaborar co Banco de Alimentos das Rías Altas, entidade á que se dedicou o programa con carácter benéfico
As emisoras da Coruña celebraron esta tarde o centenario da radio coa duodécima edición de 'A Radio Conta': 'Cen anos contigo'.
Este ano a beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas todas as emisoras públicas e privadas locais uníronse desde o salón de actos da ONCE na mesma sintonía. Moncho Viña conduciu un equipo integrado por profesionais das oito radios públicas e privadas da Coruña.
A Radio Conta transformou o escenario na redacción dunha radio con figuras da radio local e autonómica, clásicos como o consultorio de Elena Francis, radionovelas e moitos convidados nun programa cheo de sorpresas, humor e conversas inusuais.
Foron tres horas de radio con carácter benéfico.