Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mauro Estévez, o primeiro galego nado en 2025

Mauro Estévez, o primeiro galego nado en 2025

O pequeno naceu no hospital de Pontevedra cando pasaban 17 minutos do novo ano

G24.gal 01/01/2025 09:58 Última actualización 01/01/2025 14:57

Mauro Estévez Álvarez é o nome do primeiro bebé nado en Galicia no ano 2025. O seu nacemento produciuse no Hospital Provincial de Pontevedra ás 00:17 horas.

Mauro, fillo de Andrea e de César, chegou ao mundo cun peso de 3,060 quilos.

O segundo nacemento foi o de Nora. Súa nai, María, deu a luz no Hospital Clínico de Santiago de Compostela ás 00:24 horas, acompañada do pai, David. A nena pesou 2,905 kg.  

O terceiro nacemento de Galicia do ano foi Amanda, ás 00:39 horas, filla de Sabrina e Luisar. A súa nai deu a luz no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña e a meniña pesou 2,880 kg.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos