Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Facultade de Medicina de Santiago propón aumentar en 53 prazas a súa oferta

A Facultade de Medicina de Santiago propón aumentar en 53 prazas a súa oferta

O incremento previsto en toda a universidade pública española será do 15 %

G24.gal 18/03/2023 17:47

A Facultade de Medicina compostelá trasladará ao consello de goberno da Universidade de Santiago, que se celebra a finais de mes, unha proposta para aumentar até as 403 prazas a oferta do grao en Medicina. Son 53 máis ca o ano pasado.

A USC confirmouno logo de que a ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciara este venres ao remate do Consello Interterritorial que a universidade pública española ofertará 751 prazas máis o vindeiro curso, grazas a unha partida de 52 millóns de euros recollida nos orzamentos de 2023.

A previsión para todo o Estado é dun 15 % máis de postos. O incremento proposto pola facultade de Santiago, unha vez aprobado polo consello de Goberno, deberá contar co visto e prace da Xunta.

Atención primaria

Segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a medida non resolve o problema "principal" do Sistema Nacional de Saúde, que é a falla de médicos de atención primaria.

En declaracións remitidas aos medios tras participar no Consello Interterritorial que se celebrou en Palma, apunta á "falta de especialistas", principalmente de medicina familiar e comunitaria, e de capacidade formativa de MIR nos centros de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade