Publicador de contidos
Publicador de contidos

Daniel Sancho, arrestado en Tailandia: "Son culpable, pero eu era o seu refén"

Daniel Sancho, arrestado en Tailandia: "Son culpable, pero eu era o seu refén"

Permanece baixo custodia policial como sospeitoso do asasinato dun amigo colombiano

O corpo da vítima, de 44 anos, apareceu desmembrado nun vertedoiro de lixo 

O detido durante os rexistros policiais
G24.gal 06/08/2023 08:37 Última actualización 06/08/2023 21:43

O español Daniel Sancho Bronchalo recoñeceu este domingo en declaracións a EFE que é culpable do asasinato en Tailandia do seu amigo colombiano Edwin Arrieta Arteaga, e que o fixo porque se sentía o seu refén.

"Son culpable, pero eu era o refén de Edwin. Tíñame como refén. Era unha gaiola de cristal, pero era unha gaiola. Fíxome destruír a relación coa miña moza, obrigoume a facer cousas que nunca fixera", asegurou durante unha conversación ante as súas avogadas de oficio tailandesas e varios axentes na comisaría de policía de Koh Phangan, onde se atopa detido.

O mozo, de 29 anos e fillo do actor español Rodolfo Sancho, leva baixo custodia policial desde o venres. Segundo a policía tailandesa, declarouse culpable do asasinato e desmembramento do cirurxián colombiano, aínda que non se presentaron aínda cargos formais na súa contra. 

Este domingo, as forzas de seguridade fixeron unha reconstrución dos feitos na compaña do arrestado. Levárono a diferentes puntos da illa onde presuntamente estivo coa vítima pouco antes da súa desaparición.

Arrieta, de 44 anos, era un cirurxián oriúndo da poboación colombiana de Lorica, no departamento de Córdoba. O propio Sancho denunciou a noite do xoves a desaparición do seu amigo, que supostamente chegara un día antes á illa.

O vertedoiro de lixo onde apareceu o cadáver despezado O vertedoiro de lixo onde apareceu o cadáver despezado

Restos humanos

Un operario do lixo descubrira o mesmo xoves unha pelve seccionada e intestinos humanos escondidos nunha bolsa de fertilizantes lanzada a un vertedoiro da turística illa, o que propiciou o inicio da investigación.

Nunha nova operación de busca, atoparon máis restos, xunto a unha camiseta e uns pantalóns curtos, segundo apuntan medios locais.

A policía decidiu interrogar o español como sospeitoso tras decatarse da presenza de cortes e rabuñadas no corpo cando foi denunciar a desaparición en comisaría.

Comunicado da familia

A familia da vítima non fará declaracións para non entorpecer a investigación do seu asasinato. Nun comunicado, agradece o respecto por "este difícil momento que estamos a vivir". 

"Dóenos na alma a partida de Edwin. Gran ser humano, amigo e excelente profesional. As nosas máis sinceras condolencias e un forte abrazo para todos os seus familiares", escribiu na súa conta de Twitter Carlos Ordosgoitia, alcalde de Montería, a capital de Córdoba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade