Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fase final da Copa das Rexións xogarase en Cambados, Portonovo, Ribadumia e Vilagarcía

A fase final da Copa das Rexións xogarase en Cambados, Portonovo, Ribadumia e Vilagarcía

Disputarase entre os días 9 e 17 de xuño

Galicia está clasificada para a fase decisiva por primeira vez na historia

G24.gal 27/03/2023 21:26

A fase final da Copa das Rexións xa coñece as súas sedes. Cambados, Portonovo, Ribadumia e Vilagarcía acollerán os partidos que decidirán os dous finalistas deste evento en que Galicia, como representante do fútbol español, se meteu entre os oito mellores de Europa por primeira vez na súa historia. 

O interesante para Galicia comezará o venres, 9 de xuño, cando se xogue en Burgáns (Cambados) o partido contra Irlanda. O 11 de agosto os rivais serán os bosníacos de Zenica (Baltar, Portonovo) e o día 14 rematarán o periplo ante Baviera na Lomba (Vilagarcía). 

Só o primeiro do seu grupo terá o premio de xogar a finalísima, nun escenario aínda por determinar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos