Cargando resultados...
Galicia defenderá o seu título na fase final da Copa das Rexións
Galicia defenderá o seu título na fase final da Copa das Rexións
A selección galega de afeccionados gañou en Asturias (0-1) e mantense na pelexa por revalidar o título da UEFA
G24.gal
31/01/2024 20:33
A selección galega de afeccionados continúa na pelexa por revalidar o título histórico da Copa das Rexións da UEFA logrado en 2023. Un solitario gol de Félix Rial, xogador do Alondras, foi dabondo para derrotar a Asturias nos cuartos de final do sector español.
Galicia chegaba á cita despois de superar con moitos problemas a primeira fase pero coa experiencia de verse nesta situación na edición anterior e soubo xogar o partido con moita intelixencia.
Agora, Galicia entra na fase final a que chegaron as catro mellores rexións e buscará repetir o título de 2020 que os levou a xogar (e gañar) a fase europea entre 2022 e 2023.