Cargando resultados...
Galicia busca o primeiro título oficial da UEFA da súa historia
Galicia busca o primeiro título oficial da UEFA da súa historia
Este sábado (19:00, G2 e G24) a selección galega enfróntase a Belgrado na final da Copa das Rexións
G24.gal
16/06/2023 21:46
Este sábado xógase a final da Copa das Rexións en Vilagarcía. Galicia defende a condición de anfitrioa con Belgrado. Será a final dun torneo que comezou a xogarse no ano 2020 e que rematará neste 2023. Prevese a presenza de máis de tres mil afeccionados para apoiar a Galicia que pode facer historia acadando o seu primeiro galardón, o terceiro dentro do fútbol español.
Os capitáns e selecciónadores de ambas formacións posaron co trofeo no céspede da Lomba demostrando o bo ambiente que reina entre todos os participantes.