Galicia queda sen o premio na final da Copa das Rexións
Galicia queda sen o premio na final da Copa das Rexións
Perdeu diante de Aragón (1-2) no duelo que decidía a rexión que representaba o fútbol español
Galicia non poderá repetir experiencia na Copa das Rexións da UEFA logo de perder a final do sector estatal diante de Aragón (1-2). E iso que se adiantou o equipo de Iván Cancela no marcador cun gol marcado polo dianteiro do Arteixo Adrián Otero que tivo que deixar o partido ao recibir un golpe na faciana contra o pau nesa mesma acción.
Xogou Galicia unha boa media hora pero acabou recibindo o empate nunha das últimas xogadas do primeiro tempo. César San Agustín igualaba e Isaac Boudeboud marcou o segundo cando aínda non se cumprira o primeiro minuto da segunda parte.
Galicia buscouno de todos os xeitos, acabou engarrafando ao seu rival á procura do gol que levase a final á prórroga, pero non acadou o gol salvador malia que gozou de boas ocasións.