Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ledicia de Galicia no son da Radio Galega dende a Lomba

A ledicia de Galicia no son da Radio Galega dende a Lomba

Varios xogadores do combinado galego festexaron o triunfo no Galicia en goles

G24.gal 17/06/2023 21:13 Última actualización 18/06/2023 10:09

Nada máis asubiar o árbitro o final do encontro, Roberto Carlos Carballo meteu o micrófono da radio pública galega no centro da festa do combinado de Iván Cancela. Álex Rey foi un dos primeiros en celebrar o éxito.

"Estamos moi felices, é unha ledicia para todo o mundo, somos unha gran familia, xogadores e corpo técnico".

Outro dos máis alegres era Coti, que xogaba na casa, en Vilagarcía.

"É un soño, mellor non podía ser. A lomba chea e Galicia. Dedícollo á familia e a toda a xente".

Iñaki e Jesús Varela tamén falaron emocionados na Radio Galega tras o triunfo na Copa das Rexións UEFA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos