A Federación Nacional de Confrarías reúnese este sábado polo prezo dos combustibles
A Federación Nacional de Confrarías reúnese este sábado polo prezo dos combustibles
A plataforma de transporte decide este domingo se reactivan o paro no sector
O elevado prezo dos combustibles ten en alerta varios sectores. A plataforma de transporte decide este domingo se reactivan o paro no sector, e a Federación Nacional de Confrarías reúnese este sábado para abordar medidas ante a suba dos carburantes.
Ás once reúnense por videoconferencia todas as asociacións de España para poñer sobre a mesa medidas que axuden a combater a constante suba dos combustibles. Din que o prezo do gasóleo se duplicou desde o último amarre da frota en marzo e por iso urxen, din, axudas para o sector.
Aseguran que a situación é insostible e que xa son moitas as embarcacións que non saen ao mar e permanecen amarradas a porto polo encarecemento constante dos combustibles. Traballan tamén nun proxecto de compra conxunta de gasóleo.