Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Feira de Santos de Monterroso, unha das citas imprescindibles do primeiro de novembro

A Feira de Santos de Monterroso, unha das citas imprescindibles do primeiro de novembro

Malia ter séculos de existencia, a chamada 'feira das feiras' segue moi viva

G24.gal 01/11/2024 14:31 Última actualización 01/11/2024 20:50

A Feira de Santos de Monterroso é unha das máis tradicionais e agardadas de Galicia. Desta volta, ademais, o tempo acompaña e iso nótase na afluencia de público. Moitos acoden pola ampla variedade de postos de alimentación, con presenza destacada dos produtos locais.

Así que os que se achegan á feira aproveitan a ocasión para encher a despensa. As orixes desta celebración, declarada de Interese Turístico, remóntanse á Idade Media. Malia ter séculos de existencia, polo que se ve, a chamada 'feira das feiras' segue moi viva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar