Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira do primeiro de ano abre o calendario de 2024 en Betanzos

A feira do primeiro de ano abre o calendario de 2024 en Betanzos

As zapatillas e os produtos da horta foron os máis vendidos do día

G24.gal 01/01/2024 14:53

Betanzos esperta cada primeiro de ano cunha das feiras máis animadas do calendario. Os primeiros en chegar, os que prolongan a noite de festa.

Pero para todo hai remedio. E que mellor que mercar unhas zapatillas tras moitas horas de troula. "Agora pode ir tomar os churros tranquilo e non soportar estes tacóns".

E é que é un dos negocios da feira. Este ano o par de zapatillas andaba entre os sete e os nove euros. "Subiron. Nótase a inflación. Son sete euros e antes custaban cinco. Pero para unha comodidade nos pés non ha nada mellor".

Calor para os pés e para o corpo. Hai quen levaba o frío pegado nos ósos. "Estanos ben por non vir abrigadas. Pero vin a bata e collina".

Canda os que volven da festa hai quen madruga para revolver entre a mercadoría e levar algo para a casa.

E quen aproveita para repoñer a despensa despois dunha semana de festas.

E a tradición manda tamén que o Galicia Noticias non falte nesta primeira feira do ano. "Por fin. Tantos anos vindo e nunca na tele saímos. Ía sendo hora. Agradecidos de todo corazón".

Agradecidos tamén de comezar o ano cun público tan fiel. "De hoxe nun ano. Viva Betanzos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar