Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira Mindtech de Vigo, pendente da folga do metal

A feira Mindtech de Vigo, pendente da folga do metal

Os paros no sector son os vindeiros días 15, 20 e 22 de xuño

O evento vaise celebrar en Vigo entre o 20 e o 22 de xuño

G24.gal 11/06/2023 14:23 Última actualización 11/06/2023 16:20

A Mindtech, a feira internacional da industria do metal e as tecnoloxías asociadas, é unha cita importante para este sector, que se vai celebrar en Vigo.  

As empresas líderes do sector de diferentes países, ademais de España e Portugal, exporán novidades, intercambiarán experiencias e farán negocios.

Nesta edición participan destacadas delegacións internacionais, das que o Xapón é o país invitado. Os organizadores agardan recibir máis de 10.000 visitantes.  

"O que buscamos é intentar captar máis carga de traballo, máis proxectos para todas as empresas. E en concreto o país invitado, o Xapón, vai traer empresas punteiras en actividades como é a automoción, a aeronáutica, a eólica mariña e tamén o hidróxeno", di Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME (Asociación de Industrias do Metal).

Este evento coincide coa folga dos traballadores do metal. Desde ASIME, a Asociación de Industrias do Metal, esperan que se poida chegar a un acordo para desconvocar os paros e "non prexudicar", din, a feira e as oportunidades de negocio do sector.

"Nós cremos que o convenio en si é un bo convenio laboral para as empresas e para os traballadores. Desde logo estamos entre os tres ou catro primeiros postos de toda España no que atinxe á retribución salarial. Outra cousa é a xornada anual, ou outros aspectos como licenzas, dietas, permisos, que estamos analizando", engade.

Os paros marcados polos sindicatos do metal son os vindeiros días 15, 20 e 22 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar