Publicador de contidos
Publicador de contidos

A finais de semana volverá haber amoxicilina nas boticas

A finais de semana volverá haber amoxicilina nas boticas

A alta incidencia de infeccións respiratorias e a coincidencia de problemas de produción en dous laboratorios atrasou a subministración 

G24.gal 24/11/2022 15:55

 A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) agarda que a finais desta semana se poida repoñer a amoxicilina na farmacia.

"Houbo un problema puntual de produción pero xa están a tres quendas para poder chegar canto antes ás farmacias", dixo a ministra de Sanidade, Carolina Darias.

O aumento da demanda, debido á alta incidencia de infeccións respiratorias e a coincidencia de problemas de produción en dous laboratorios, atrasou a subministración nalgunhas farmacias.  

Os problemas de subministración déronse en varios países.

Con todo, Darias fixo un chamamento á poboación para que "non faga provisión" do fármaco para que quen o necesite poida facer uso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade