Publicador de contidos
Publicador de contidos

A USC e unha farmacéutica colaboran para buscar antibióticos máis eficaces

A USC e unha farmacéutica colaboran para buscar antibióticos máis eficaces

A Plataforma Innopharma e a farmacéutica ABAC Therapeutics traballarán xuntas para loitar contra as bacterias multirresistentes

G24.gal 22/10/2023 13:27 Última actualización 22/10/2023 14:10

Cada ano morren máis dun millón de persoas en todo o mundo por infeccións que ata hai pouco se curaban con antibióticos, pero que xa non funcionan contra unhas bacterias que se volveron resistentes. 

A plataforma de cribado de fármacos, que depende dun dos centros de investigación da Universidade de Santiago, chegou a un acordo cunha empresa farmacéutica para crear unha unidade mixta e investigar antibióticos máis eficaces.  

Todo o proceso ten que se facer nunhas condicións extremas de seguridade.

"É a primeira vez que se pode facer desde España, pola infraestrutura que adquirimos que vén de fondos europeos a través da Axencia Galega de Innovación. Virán grandes camións frigoríficos desde distintos países europeos a ABAC Therapeutics con estas placas de fármacos e poderase facer por primeira vez desde España e, concretamente, desde Galicia. Estamos moi contentos".

Preocupan especialmente bacterias que causan infeccións respiratorias ou gastrointestinais e que son moi comúns. A resistencia das bacterias aos tratamentos está relacionada co mal uso que se fai dos antibióticos.

"Hai que utilizar os antibióticos só cando hai infeccións bacterianas, só cando son necesarios e usalos ben, tomalos coas pautas que se prescriben, cada 8 horas, e 7 días dependendo do antibiótico. Pero hai que acabar os tratamentos aínda que se mellore. É a maneira de que non se volvan resistentes".

Segundo a Organización Mundial da Saúde, as bacterias multirresistentes serán a primeira causa de morte no mundo dentro de vinte anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade