O científico galego que 'resucita' moléculas neandertais para facer novos antibióticos entra na Real Academia de Farmacia
O científico galego que 'resucita' moléculas neandertais para facer novos antibióticos entra na Real Academia de Farmacia
O científico galego que 'resucita' moléculas neandertais para facer novos antibióticos entra na Real Academia de Farmacia
César de la Fuente, de 38 anos, tamén é pioneiro no uso da IA para acelerar os tempos da investigación en microbioloxía
Estímase que bacterias resistentes aos antibióticos poderían provocar ata 10 millóns de mortes en 2050
Resucitar moléculas de animais extintos, coma o mamut, e usalas como antiobióticos para atacar as superbacterias. É o campo de traballo do científico galego César de la Fuente, que é ademais especialista en aplicar a intelixencia artificial para acelerar o tempo da investigación. Hoxe pasará a formar parte da Real Academia de Farmacia de Galicia, onde reciben honrados o seu novo membro, que se converterá no máis novo.
Aos seus 38 anos, o coruñés César de la Fuente colecciona premios coma o Princesa de Xirona e representa os Estados Unidos na Academia Xove Mundial. As súas investigacións están na vangarda da loita contra as superbacterias, a maior ameaza á saúde mundial. Poderían causar 10 millóns de mortes en 2050; por iso, a rapidez que ofrece a intelixencia artificial é tan importante.
"Con métodos tradicionais tárdase seis anos en descubrir candidatos preclínicos. E agora coas máquinas podemos, nun par de horas, descubrir miles de candidatos", declara César de la Fuente, investigador e profesor da Universidade de Pensilvania.
O revolucionario no seu traballo está tamén no campo onde recrutar esas moléculas, que resucita de mamuts, ou homes neandertais.
"Descubrimos novas moléculas, que poden usarse como antobióticos, nestes organismos do pasado", di.
Hoxe César ingresa na academia "pola súa calidade científica recoñecida en todo o mundo e porque César é un home moi vinculado a Galicia", segundo afirmou o presidente desta institución, Ángel Concheiro.
"Levo fóra de Galicia desde 2004 e para min é unha auténtica honra ter aquí un recoñecemento desta magnitude", afirma de la Fuente.
O novo membro da Real Academia de Farmacia de Galicia agarda estreitar lazos de colaboración cos equipos de investigación no noso país.