Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade prohibe varios produtos adelgazantes polos seus posibles efectos graves na saúde

Sanidade prohibe varios produtos adelgazantes polos seus posibles efectos graves na saúde

Estaban sendo comercializados como complementos alimenticios e na etiquetaxe ocultaban a súa verdadeira composición

Ditos produtos conteñen sibutramina, un principio activo que pode producir problemas cardiovasculares

G24.gal 24/08/2024 14:23

A Axencia Española do Medicamento prohibiu a venda de varios produtos queimagraxas e ordenou a súa retirada inmediata.

Os produtos retirados estaban a ser comercializados como complementos alimenticios pero, segundo alertaba a Axencia Española do Medicamento, no etiquetado ocultaban a súa verdadeira composición. 

Ditos produtos conteñen sibutramina, un principio activo que proporciona unha sensación de saciedade e un aumento do gasto calórico, pero que ademais pode producir efectos adversos na saúde de tipo cardiovascular. 

"A Axencia Española do Medicamento está continuamente revisando as composicións dos produtos que hai no mercado español. A sibutramina é un principio activo que xa se utilizou para o control do apetito e funciona moi ben pero descubriuse que tiña uns efectos adversos bastante importantes a nivel cardiovascular, de diferente tipo pero bastante graves, e tiña moita incidencia en pacientes con risco cardiovascular como soe ser nas persoas que teñen sobrepeso", di Ignacio Labella, farmacéutico.

A sibutramina pode causar arritmias, cardiopatías isquémicas e accidentes vasculares graves, entre outros efectos adversos.

"Sequidade de boca, dor de cabeza, problemas gastrointestinais, que son efectos adversos que se sumaban ao que era realmente grave que era o problema cardiovascular que xeraban", engadiu.

A Unión Europea suspendeu a comercialización deste principio activo xa desde o ano 2010.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade