O PSOE segue adiante coa reforma da lei do 'só si é si', mentres que Unidas Podemos prefire deixar asentar a norma
O PSOE segue adiante coa reforma da lei do 'só si é si', mentres que Unidas Podemos prefire deixar asentar a norma
O PSOE segue adiante coa reforma da lei do 'só si é si', mentres que Unidas Podemos prefire deixar asentar a norma
A Fiscalía Xeral do Estado insistía este xoves nunha circular en que está traballando, en que non hai que rebaixar as condenas por agresión sexual se entran na franxa que establece a nova lei, e insta os fiscais de sala a adoptar este criterio.
O ministro da Presidencia considera que a Fiscalía "está facendo o seu traballo, que é evitar que se produzan revisións de penas, que ninguén desexa", pero insiste en que é necesario reformar a lei, en contra do criterio de Podemos.
Segundo Félix Bolaños, "Unidas Podemos defende que a lei do 'só si é si' é perfecta e non se debe tocar unha coma e o PSOE defende que non se pode permitir a redución de penas a ningún agresor sexual".
E é que Podemos prefire deixar que a lei se asente e non reformala porque, segundo a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero "as revisións das que algúns están facendo contadores bastantes ficticios non son firmes".
Victoria Rosell apunta que "xamais computamos sentenzas non firmes, e menos o Consello Xeral do Poder Xudicial". Na súa opinión, hai "unha tendencia clara á alarma social e ao terror sexual para volver ao vello sistema".
Pero o PSOE segue adiante coa súa reforma. O martes foi admitida a trámite no Congreso, sen os ministros socialistas no hemiciclo. Para o vicesecretario xeral de Organización do PP, Miguel Tellado, a súa ausencia representa "un intento desesperado do PSOE de sinalar única e exclusivamente a Irene Montero como a principal responsable desa lei tan chapuza".