Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía da Audiencia Nacional investiga os posibles efectos adversos do Nolotil

A Fiscalía da Audiencia Nacional investiga os posibles efectos adversos do Nolotil

Sanidade di que é seguro, que os beneficios están por riba dos riscos

En 40 países do mundo o Nolotil está prohibido

G24.gal 05/04/2024 14:28

A Fiscalía da Audiencia Nacional investiga se hai ou non risco para a saúde por tomar Nolotil, un dos medicamentos máis habituais para a febre e a dor. Faino tras unha denuncia do Defensor do Paciente. De momento, España considera que é un fármaco seguro, pero xa se retirou en varios países.

O Nolotil, para a febre e a dor moderada ou intensa, é un dos fármacos máis vendidos en España. A Fiscalía da Audiencia Nacional investiga os seus posibles efectos adversos.

"Non sei se é un tema de fiscalía o que si é un tema de farmacovixilancia que é o que se leva facendo de toda a vida en España, en Europa e en todos os sitios de vixiar cales son eses efectos secundarios pero si, os medicamentos teñen efectos secundarios", di Mónica García, ministra de Sanidade.

O metamizol, o principio activo do Nolotil, está relacionado coa aparición de agranulucitose, unha reacción grave que pode chegar a provocar a morte. Na última revisión da Axencia Española do Medicamento aseguran que os beneficios están por riba dos riscos.

"Como todos os medicamentos que están autorizados, é seguro cando se usa nas condicións que se autorizou. Aínda así, o que nos gusta dicir é que o seu beneficio-risco é favorable, non hai ningún medicamento libre de efectos adversos, simplemente cando se usa nas condicións autorizadas os beneficios compensan os riscos", cre María Jesús Lamas, directora da Axencia Española de Medicamentos.

Lembran que hai que tomar a dose mínima eficaz e sempre baixo supervisión médica.

"Ten que valorar o prescritor en cada momento a correspondencia deste medicamento, non deberías empregalo se o temos no domicilio hai que valorar a situación en cada caso", recomenda Santiago Leyes Vence, presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.

O Nolotil está prohibido en preto de 40 países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade