Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía denuncia a revelación de segredos sufrida por Ábalos no caso Koldo

A Fiscalía denuncia a revelación de segredos sufrida por Ábalos no caso Koldo

O Xulgado de Instrución número 33 de Madrid debe decidir se abre dilixencias e inicia unha investigación

Ábalos anunciando a súa denuncia ante a Fiscalía o 24 de xullo (Matias Chiofalo / Europa Press) Ábalos anunciando a súa denuncia ante a Fiscalía o 24 de xullo (Matias Chiofalo / Europa Press)
G24.gal 29/08/2024 19:10

A Fiscalía Provincial de Madrid presentou unha denuncia por descubrimento e revelación de segredos sufridos polo exministro socialista José Luis Ábalos pola filtración de datos persoais incluídos no sumario do caso Koldo.

Así se sinala nunha información que publica o diario dixital El Español e que confirmaron a EFE fontes xurídicas.

Recentemente, Ábalos apuntou á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e ao xulgado encargado do caso Koldo nunha denuncia que presentou ante a Fiscalía, na que pedía investigar para determinar quen son os responsables dunha suposta revelación de segredos e comunicacións sobre el e sobre persoas da súa contorna.

Agora, a Fiscalía viu indicios de delito e interpuxo unha denuncia nos xulgados de Madrid. Fíxoo, segundo o diario dixital, o pasado 12 de agosto.

A denuncia recaeu no Xulgado de Instrución número 33 de Madrid, que deberá decidir se abre dilixencias e inicia unha investigación.

O pasado mes de xullo, o tamén exsecretario de Organización do PSOE ofreceu unha rolda de prensa para explicar a súa denuncia e recalcou que as filtracións que se estaban producindo, entre elas correos electrónicos privados que non tiñan nada que ver coa investigación do caso Koldo, afectaban dereitos fundamentais de persoas.

Persoas que, segundo precisou, nin sequera están a ser investigadas, como el mesmo ou outros cidadáns anónimos que "tiveron a desventura" de ter algunha relación con el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade