Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía solicita a confirmación da cadea perpetua para Pablo Ibar

A Fiscalía solicita a confirmación da cadea perpetua para Pablo Ibar

O Ministerio Fiscal oponse á petición da defensa, que solicitara a revogación da sentenza e a celebración dun novo xuízo

Ibar fora condenado en 1994 por tres homicidios e estivo dezaseis anos no corredor da morte Ibar fora condenado en 1994 por tres homicidios e estivo dezaseis anos no corredor da morte
G24.gal 01/03/2023 08:32 Última actualización 01/03/2023 09:20

A Fiscalía oponse á petición da defensa de Pablo Ibar de revogar a cadea perpetua que lle foi imposta en 2019 por tres asasinatos cometidos en 1994, dos que o preso hispano-estadounidense sempre se declarou inocente. 

Ibar foi condenado hai 29 anos por este triple crime e chegou a estar no corredor da morte. Agora pide que se volva celebrar un novo xuízo.

O seu avogado argumentou perante os xuíces do Tribunal de Apelacións de Florida que o proceso xudicial non fora xusto, que nunca se encontrou un móbil concreto que vinculara a Ibar cos tres homicidios e que mesmo as probas de ADN o exoneraran dos crimes. 

A Fiscalía oponse a estes argumentos esgrimidos pola defensa e solicita a confimación da sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade