Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía investigará as mortes de migrantes na fronteira de Melilla

A Fiscalía investigará as mortes de migrantes na fronteira de Melilla

A fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, encargou unha investigación para esclarecer os feitos

EFE 28/06/2022 16:28

A fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, encargou unha investigación para esclarecer os feitos rexistrados no valo fronteirizo de Melilla o pasado 24 de xuño, onde morreron polo menos 23 persoas en territorio marroquí.

Segundo informou a Fiscalía nun comunicado, Delgado asinou este martes un decreto para encomendar á fiscal de sala coordinadora de Estranxeiría, Beatriz Sánchez, a investigación do ocorrido, ante a súa "transcendencia e gravidade".

Afirma o Ministerio Público que puideron verse afectados os dereitos humanos e dereitos fundamentais das persoas e destaca a "singularidade e complexidade" da investigación.

A fiscal de sala elevara esta mañá unha comunicación en que solicitaba a apertura de dilixencias de investigación para o esclarecemento do sucedido.

Varios grupos parlamentarios, entre eles Unidas Podemos, reclamaran unha investigación, petición á que esta mañá se sumou o Comité da ONU sobre os Traballadores Migrantes.

Este organismo pediu a Marrocos e España investigar de forma inmediata e completa as causas da morte de 23 migrantes subsaharianos para esclarecer se perderon a vida "ao caer do valo, na desbandada ou como resultado dalgunha acción dos axentes de fronteiras".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade