Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía pide 30 anos de cadea para o sesaxenario acusado de matar a muller en Gondomar

A Fiscalía pide 30 anos de cadea para o sesaxenario acusado de matar a muller en Gondomar

A Fiscalía xa presentou o escrito de acusación provisional

O xuízo celébrase con xurado popular e non será antes de 2023

A casa familiar na parroquia de Mañufe, Gondomar, foi o lugar do crime en 2020 A casa familiar na parroquia de Mañufe, Gondomar, foi o lugar do crime en 2020
G24.gal 30/09/2022 12:46

O home acusado de matar a súa muller en Gondomar, enfróntase a 30 anos de prisión. O fiscal considera que o presunto agresor actuou movido por razóns de "dominación e desprezo" cara á súa parella, segundo di no escrito de acusación provisional que xa presentou.

A vítima tiña severos problemas de mobilidade. Atopárona con 16 feridas de arma branca, catro delas mortais.

Os feitos tiveron lugar en decembro de 2020 na parroquia de Mañufe, no domicilio familiar de ambos. Valentín Alonso, que daquela tiña 64 anos de idade, matou presuntamente a coiteladas a súa muller, de 59. A muller tiña 16 feridas de arma branca, catro delas eran mortais.

Acto seguido, o home tratou de suicidarse; tratou de cortarse as veas co mesmo coitelo co que acoitelara a súa muller, Soledad Rey.

A vítima deixara unha carta sobre o maltrato que sufría por parte da súa parella.

Actualmente está en prisión preventiva á espera de xuízo, que non se celebrará antes do ano que vén, e será con xurado popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade