Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía pide imputar altos cargos do Ministerio de Transportes polo caso Koldo

A Fiscalía pide imputar altos cargos do Ministerio de Transportes polo caso Koldo

Trátase do subsecretario de Transportes dun alto cargo do ADIF e do exsecretario xeral de Portos do Estado

G24.gal 31/05/2024 17:14

A Fiscalía Anticorrupción pediu a imputación de dous altos cargos do Ministerio de Transportes no coñecido como caso Koldo, no que se investiga a adxudicación dunha serie de contratos de máscaras en plena pandemia.

Nun escrito datado o 29 de maio, ao que tivo acceso EFE este venres, o fiscal Luis Pastor solicita ao xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno que cite en calidade de investigados ao subsecretario de Transportes, Jesús Manuel Gómez; ao alto cargo de ADIF Michaux Miranda e ao exsecretario xeral de Portos do Estado Álvaro Sánchez Manzanares.

O escrito do fiscal está datado un día antes de que a Fiscalía Europea decidise asumir a investigación do caso, unha decisión á que se vai opoñer Anticorrupción.

No caso de que o xuíz tampouco estea de acordo con que a Fiscalía Europea asuma a causa, pode expor unha cuestión de competencia ante o Tribunal Supremo e que sexa este o que decida quen investiga o caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade