Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía quere retomar a busca da machada do crime machista de Baiona

A Fiscalía quere retomar a busca da machada do crime machista de Baiona

Recuperaron un coitelo no escenario do crime, pero a arma principal, unha machada, aínda non apareceu

O acusado no traslado á comparecencia no xulgado O acusado no traslado á comparecencia no xulgado
G24.gal 23/02/2023 11:51

A Fiscalía pide que se retome a busca da arma homicida do presunto crime machista de Baiona. O acusado, que está en prisión preventiva, declarou que se desfixo dela nun monte do Baixo Miño.

O autor do crime de Baiona acabou confesando diante da maxistrada do Xulgado da Violencia sobre a Muller que matou a súa exmuller cunha machada e cun coitelo. O coitelo foi recuperado no escenario do crime, pero a considerada como arma principal, a machada, aínda non apareceu.

Na súa última comparecencia xudicial o asasino confeso dixo que a tirou nun monte da zona do Baixo Miño. Tras esta declaración, a Fiscalía dirixiu un escrito á maxistrada en que solicita que ordee un rastrexo para tentar dar con esta proba clave no caso.

O Ministerio Público pide ademais que se esta dilixencia non dá resultado, o propio investigado acompañe na localización as forzas e corpos de Seguridade.

A xuíza xa trasladou a petición da Fiscalía aos maxistrados da defensa e da acusación para que realicen alegacións se o desexan antes de decidir sobre esta dilixencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade