A xuíza instrutora ordena a apertura de xuízo contra o acusado da morte da moza Esther López en Valladolid

Os feitos serán xulgados por un tribunal popular
Vai preto de facer tres anos da morte violenta de Esther López na localidade valisoletana de Traspinedo. A nova xuíza instrutora do caso ve indicios suficientes para imputar o único investigado dos delitos de asasinato ou homicidio e omisión do deber de socorro, e ordena a apertura de xuízo.
A anterior instrutora deixara o presunto asasino en liberdade con medidas cautelares. Algo que nunca entenderon os familiares da vítima, que consideraban que as probas contra el eran contundentes.
Un informe da Garda Civil indica que a muller foi atropelada por un coche cando estaba de costas e que a súa morte puido producirse varias horas despois a causa das feridas. A xeolocalización do móbil do sospeitoso sitúao no lugar onde atoparon o cadáver, 23 días despois de que os familiares denunciaran a desaparición.