Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía solicita a Interior todas as imaxes da traxedia de Melilla

A Fiscalía solicita a Interior todas as imaxes da traxedia de Melilla

"Son todas as que hai", recalcou Marlaska antes de comparecer na Comisión de gastos reservados do Congreso

G24.gal 09/11/2022 21:13

A Fiscalía solicitou ao Ministerio do Interior que lle remita todas as imaxes do salto masivo no valo de Melilla do pasado 24 de xuño, cando morreron polo menos persoas, informaron a EFE fontes do ministerio público este mércores.

As mesmas fontes indicaron que a Fiscalía segue practicando dilixencias no marco da investigación aberta para esclarecer o ocorrido e lembraron que dispón dun prazo legal de seis meses, que se pode prorrogar.

Segundo avanzou a Cadena Ser, a fiscal de Sala de Estranxeiría Beatriz Sánchez fixo ese requirimento ao detectar saltos temporais nas imaxes enviadas.

Tamén o Defensor do Pobo reclamou estes últimos días ao Ministerio o conxunto das gravacións, aínda que o ministro Fernando Grande-Marlaska deixou claro que ambas as institucións dispoñen de todas as imaxes e que non están editadas.

Interior asegura que "son todas as que hai"

"Son todas as que hai", recalcou Marlaska este martes antes de comparecer na Comisión de gastos reservados do Congreso.

"O material do que non dispoñen é sinxelamente porque non existe", asegurou o ministerio, que recalcou que o material audiovisual que teñen no seu poder a Fiscalía e o Defensor do Pobo, e que está ao dispor da Comisión de Interior do Congreso, "recolle integramente toda a secuencia de acontecementos sen oco ningún".

"Isto é posible debido a que a Garda Civil, por motivos operativos, estableceu un sistema redundante co helicóptero e o dron", explicou.

De feito, segundo fontes de Interior, a Fiscalía xa autorizou a que os deputados da Comisión poidan velas, aínda que non puideron concretar se a porta pechada ou en aberto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade