Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía Xeral do Estado pon freo á rebaixa de penas por delitos sexuais

A Fiscalía Xeral do Estado pon freo á rebaixa de penas por delitos sexuais

Non se revisarán sentenzas se a pena que se impuxo segue vixente na franxa que fixa o Código penal para cada delito tras o cambio legal

Dereitos Sociais nega que maltratar a mascota estea máis penado ca maltratar a propia parella

O PP chámalle inútil e soberbia a Irene Montero no Congreso

G24.gal 21/11/2022 18:15 Última actualización 21/11/2022 21:47

O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, ditou un decreto en que unifica criterios de actuación ante a Lei do só si é si.

A fiscalía que establece que non se revisarán sentenzas se a pena que se impuxo segue vixente no abano que fixa o Código Penal para cada delito tras o cambio legal.

É dicir, con este decreto redúcense os supostos nos que os fiscais apoiarán unha rebaixa da condena inicialmente imposta aos agresores sexuais.

O movemento do Ministerio Público ten lugar despois da entrada en vigor da Lei Orgánica de Garantía Integral de Liberdade Sexual, o pasado 7 de outubro. Unha norma que levou xuíces e tribunais a revisar numerosas condenas por abuso sexual, rebaixando máis dunha decena de penas e excarcerando cinco agresores sexuais.

O fiscal aplica o criterio establecido na disposición transitoria quinta do Código penal desde 1995 que establece que cando a pena imposta "sexa tamén impoñible" conforme a nova norma, é dicir, entre dentro do abano de penas contemplada, non ten por que revisarse.

O castigo mínimo por unha agresión sexual baixou de seis a catro anos de prisión, de modo que a aquel que fose condenado a seis anos de prisión non quedará máis remedio que rebaixarlle a pena, por ser a mínima, pero, por exemplo, a quen se lle impuxo unha de sete ou oito anos de prisión non tería que revisárselle.

Expón que, aínda que a Lei do só si é si non conteña unha disposición transitoria, é de aplicación a establecida no Código Penal de 1995 "por constituír un criterio interpretativo plenamente consolidado". "As posibles lagoas interpretativas, a falta dunha interpretación auténtica, serán suplidas conforme aos criterios lóxico, histórico e sistemático da norma", expón.

Ademais, de acordo co decreto, os fiscais opoñeranse á revisións á baixa en casos que a nova lei expón de "menor entidade" sempre que o responsable do delito empregase "violencia ou intimidación" para cometelo.

O fiscal xeral publicará proximamente unha circular máis extensa sobre este caso e faino no sentido que reclamaban as responsables do Ministerio de Igualdade cando comezaron a ditarse sentenzas que rebaixaban a pena a agresores sexuais.

Igualdade celebra a decisión da Fiscalía

 A ministra de Igualdade, Irene Montero, celebrou este luns a decisión da Fiscalía de reducir os supostos nos que os fiscais apoiarán unha rebaixa de pena por delitos sexuais tras a entrada en vigor da lei do só si é si.

"A FXE unifica criterios para aplicar adecuadamente a lei só si é si", sinalou Montero na súa conta de Twitter, onde asegurou que a posición do Ministerio Público "reafirma a xurisprudencia consolidada".

"A Lei só si é si é sólida e serve para protexer os dereitos das mulleres", reivindicou a ministra, que a semana pasa tivo que enfrontar duras críticas pola rebaixa de penas a algúns agresores sexuais condenados tras a entrada en vigor da Lei de garantía integral de liberdade sexual.

"A ver debaixo de que pedra se agochan agora os que levan unha semana de cacería contra Montero", aseverou o voceiro do grupo parlamentario de Unidas Podemos, Pablo Echenique, segundo o cal a Fiscalía "di o mesmo sobre a non rebaixa de penas" que o Código penal, a Audiencia Provincial da Rioxa e Igualdade.

 

 

 

Este luns o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, ditou un decreto en que unifica criterios de actuación ante a norma, en que establece que non se revisarán sentenzas se a pena que se impuxo segue vixente na franxa que fixa o Código penal para cada delito tras o cambio legal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade