Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fonsagrada festexa o Gordo, que deixa 180 millóns moi repartidos

A Fonsagrada festexa o Gordo, que deixa 180 millóns moi repartidos

Os boletos premiados vendéronse décimo a décimo na propia administración

G24.gal 22/12/2022 16:31

Chuvia de millóns a que repartiu a administración número 1 da Fonsagrada. 180 millóns que se supón que van estar moi repartidos, porque foron vendidos, décimo a décimo, no propio despacho. Moitos afortunados, entón, entre os algo menos de 3.500 veciños do concello.

Suponse que algo tamén marchou para Asturias, porque A Fonsagrada linda con esta comunidade e son moitos os asturianos que a fin de semana se achegan para comer os famosos cocidos e botelos da montaña luguesa.

É un día para a historia na Fonsagrada. Para os que trouxeron a sorte, para os agraciados e para todo os veciños.

Ás once e vinte e un minutos da mañá caía a bóla que leva a fortuna a este concello da montaña luguesa. Unha explosión de xúbilo, como non podía ser doutro xeito, nesta localidade de menos de 3.500 habitantes.

Esta mesma administración xa vendeu no 2019 o segundo premio do sorteo de Nadal. Hai tres anos repartira un millón douscentos cincuenta mil euros. Unha fortuna case insignificante cos 180 millóns que repartiu este xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade