A forense que avaliou o acusado do crime do Birloque: "Non se observan dependencias"
A forense que avaliou o acusado do crime do Birloque: "Non se observan dependencias"
A declaración dos forenses sobre a saúde mental do acusado, unha das claves do xuízo
A última sesión do xuízo quedou posposta para o luns, cando previsiblemente o reo podería exercer o dereito á última palabra
Este xoves estaba previsto que rematara o xuízo polo crime da panadeira do Birloque, pero as declaracións dos forenses estendéronse e o acusado terá que esperar ao luns para exercer o seu dereito á última palabra, antes de que o xurado se retire a deliberar.
As declaracións dos forenses foron longas e pormenorizadas, sobre todo, no referido á saúde mental do acusado, que é unha das claves do xuízo.
A defensa quere probar unha dependencia das drogas e do alcol pero a forense que avaliou o arrestado foi moi clara: "Non se observou tal dependencia".
A médica, especializada en psiquiatría e en violencia de xénero, tamén se referiu ao feito de que supostamente esa noite collera o coitelo para suicidarse, e relacionouno con situacións anteriores nas que o detido tamén se autolesionou, tras discutir coas súas parellas.