A forte suba da luz ameaza moitos negocios da hostalería
A forte suba da luz ameaza moitos negocios da hostalería
Moitos locais xa tomaron medidas para intentar reducir o consumo e poder resistir
A luz volve disparar o seu prezo estes días e, xa na recta final do verán, hai sectores e lugares onde a situación pode acabar sendo inasumible. É o caso de moitos locais de hostalería da Costa da Morte.
O propietario dun restaurante de Pontevedra conta que a última factura da luz que recibiu é de case tres mil euros cando o ano pasado, por estas datos, pagaba 900 euros. Pero o caso deste hostaleiro de Carballo non é illado.
Botan contas e non lles queda outra que intentar reducir o consumo para pagar menos. En moitos negocios xa tomaron medidas como instalar lámpadas led ou baixar o aire acondicionado porque din que estas elevadas facturas están ameazando moitos locais do sector.
Así as cousas piden un respiro tras máis de dous anos e medio coa soga ao pescozo.