A Fronte Polisario rompe co Goberno español tras o cambio de postura sobre o Sáhara
A Fronte Polisario rompe co Goberno español tras o cambio de postura sobre o Sáhara
Suspende os contactos con España só dous días despois da visita de Pedro Sánchez ao rei Mohamed VI en Rabat
O movemento saharauí denuncia os "míseros tratos co ocupante", en referencia a Marrocos
España responde que manterá abertas as vías de diálogo
A Fronte Polisario anunciou nun duro comunicado este sábado a súa decisión de suspender os contactos co Goberno español despois de que o executivo de Pedro Sánchez mostrara o seu apoio ao plan de autonomía para o Sáhara Occidental.
No documento o movemento explica que "á vista dos pasos concretos" que deu o Goberno de Sánchez deciden suspender os contactos co executivo español para desmarcarse "de utilizar a cuestión saharauí" politicamente.
A Fronte Polisario asegura no escrito que España "ten responsabilidades" cara ao pobo saharauí e ante as Nacións Unidas, xa que "é potencia administradora" da rexión, e de que os seus deberes persistan.
Agradécelle ao Congreso dos deputados de España e ao "amplo e transversal movemento de solidariedade" coa súa causa, por instar "tan rotundamente" o Goberno español á "necesidade de regresar á senda da legalidade internacional".
🔴 El Frente POLISARIO anuncia la suspensión de sus contactos con el actual Gobierno de España. pic.twitter.com/FjoLXLjamB
— Frente POLISARIO (@Polisario_) April 9, 2022