Cargando resultados...
A Fundación Barrié acolle unha exposición sobre a mitoloxía no Barroco veneciano
A Fundación Barrié acolle unha exposición sobre a mitoloxía no Barroco veneciano
Son 34 pinturas e 18 libros datados entre os séculos dezaseis e dezaoito que forman parte da colección da Fundación Querini Stampalia de Venecia
G24.gal
14/03/2024 13:39
A sede coruñesa da Fundación Barrié acolle desde este venres e ata o próximo 14 de xullo unha exposición sobre a mitoloxía no barroco veneciano.
Son 34 pinturas e 18 libros datados entre os séculos dezaseis e dezaoito que forman parte da colección da Fundación Querini Stampalia de Venecia.
Na selección de obras desprazada ata A Coruña destacan pinturas de grandes mestres italianos como Tintoretto, Luca Giordano ou Sebastiano Ricci.