A Fundación FEDEA aposta por un recargo no IRPF para blindar o sistema de pensións
A Fundación FEDEA aposta por un recargo no IRPF para blindar o sistema de pensións
Os seus analistas propoñen máis recadación e contención no gasto ante o aumento de xubilados
Un gasto en pensións previsto para o 2050 chegaría ao 18 % do Produto Interior Bruto. Son as contas que barallan os analistas para as xubilacións do futuro se non se toman medidas que aseguren o sistema.
Entre as propostas da Fundación de Estudos de Economía Aplicada, FEDEA, está unha recarga no IRPF que se destinaría a pensións. Sería, din, unha medida progresiva e repartiríase entre todos.
Cren que tamén será necesario alongar o cómputo de anos no cálculo das pensións e seguir ampliando a idade de xubilación.
Os economistas de FEDEA ven necesaria unha reforma fiscal que aumente a recadación co establecemento de copagamentos como peaxes nas estradas. E un esforzo por racionalizar o gasto para asegurar o Estado do benestar.