Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova presión fiscal, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Nova presión fiscal, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 21/10/2024 08:03

Existen medidas que non se entenden ou que parece que non teñen efecto, pero cando paras e fas unha pensada descobres que non é así. En España a obrigación de declarar está marcada en 22.000 euros, se os rendementos íntegros do traballo non superan esa cantidade están exentos de tributar.

Porén, para pagar impostos tes que gañar un pouco menos, tanto como 12.450 €, de tal xeito que, segundo indica a web da Moncloa, se ingresas 22.000 euros, pagarás un dezanove por cento polos primeiros 12.450 €,  un 24 % polos seguintes 7.750 € e un 30 % polos restantes 1.800 €. Aínda que existen deducións e mínimos exentos que te eximen de pagar ata os dezasete mil euros.

É dicir, temos que pagar impostos dende os doce mil euros, pero como non tiñamos a obriga de declarar, non o faciamos. Agora que todo o mundo ten que declarar, o que realmente facemos e recordarlle ao mundo que aquí todos pagamos, gañemos moito ou pouco.

Sempre dixen nesta columna que para incrementar a recadación tiñamos que impactar no maior volume de persoas; esta medida de que todo o mundo declare é unha constatación das miñas verbas. Diga o que se diga dos ricos, cada vez que o Estado ten fame, busca a maioría dos españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos