Este luns remata o prazo para presentar a declaración da renda
Este luns remata o prazo para presentar a declaración da renda
A Axencia Tributaria espera recibir 23,3 millóns de declaracións nesta campaña
A campaña da renda de 2023 termina este luns 1 de xullo, o último día en que será posible presentar as declaracións de IRPF e do imposto de patrimonio, segundo se desprende do calendario da Axencia Tributaria.
A campaña arrincou o pasado 3 de abril, inicialmente para a presentación de declaracións por Internet, unha vía á que se sumaron despois os servizos de confección de liquidacións por teléfono e de maneira presencial, así como a atención por videoconferencia para maiores que viven en municipios pequenos.
Todas estas canles de presentación da declaración continuarán abertos ata este luns -salvo a opción de domiciliar o resultado para ingresar, que finalizou o pasado 26 de xuño-, do mesmo xeito que a posibilidade de solicitar unha rectificación.
Desde o inicio da campaña e ata comezos desta semana a Axencia Tributaría recibira máis de 21,8 millóns de declaracións, a maioría con solicitude de devolución (15,1 millóns), das que 11,4 millóns xa foran pagadas por un importe que supera os 7.600 millóns de euros.
A Axencia Tributaria espera recibir 23,3 millóns de declaracións nesta campaña, a maioría (14,6 millóns) a devolver, por un importe total de 11.650 millóns de euros.