Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fundación Marta Ortega exhibirá en novembro na Coruña unha mostra do fotógrafo Helmut Newton

A Fundación Marta Ortega exhibirá en novembro na Coruña unha mostra do fotógrafo Helmut Newton

A mostra poderá visitarse ata o 1 de maio do próximo ano

Imaxe de arquivo da exposición de Steven Meisel na Coruña Imaxe de arquivo da exposición de Steven Meisel na Coruña
G24.gal 05/09/2023 20:40

Será a partir do 18 de novembro cando o centro MOP, situado no porto, acollerá a exposición dedicada á vida e a obra do fotógrafo Helmut Newton, nacido en 1920 e falecido en 2004.

A mostra, que poderá visitarse ata o 1 de maio do próximo ano, seguirá o ronsel das dedicadas con anterioridade a Peter Lindbergh e Steven Meisel.

Esta será a terceira exposición promovida pola Fundación MOP, nunha iniciativa impulsada en colaboración coa Fundación Helmut Newton e comisariada por Philippe Garner, Matthias Harder e Tim Jefferies.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade