A futura lei establecerá unha renda para todos os tipos de familias con fillos
A futura lei establecerá unha renda para todos os tipos de familias con fillos
Recoñecerá xuridicamente os distintos tipos de familias e protexerá os menores
A 'renda crianza' será de 100 ou de 125 euros, segundo o caso
A ministra de Dereitos Sociais que o texto da lei de familias chegará a semana vindeira ao resto dos ministerios co obxectivo de que o Consello de Ministros a aprobe a comezos de 2022.
Os seus obxectivos fundamentais son recoñecer xuridicamente os distintos tipos de familias e a protexección dos fillos.
A lei inclúe a 'renda crianza', unha prestación universal para todas as familias con fillos de cen euros mensuais agás nas monoparentais ou monomarentais que recibirán 125 euros.
Tamén contempla ampliar a 24 semanas os permisos de maternidade e paternidade e estender as axudas que agora reciben as familias numerosas ás que son monoparentais.
Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais: "Inclúe todas estas medidas que ao noso xuízo son imprescindibles para que lei estea á altura do que nos reclama a cidadanía"