Publicador de contidos
Publicador de contidos

A galega Alicia Fernández é dúbida para estar nos Xogos

A galega Alicia Fernández é dúbida para estar nos Xogos

A xogadora de Valdoviño sufriu unha rotura de fibras

G24.gal 08/07/2024 11:51 Última actualización 08/07/2024 11:56

Está en dúbida a presenza da xogada galega Alicia Fernández nos Xogos de París por mor dunha lesión. A xogadora de Valdoviño sufriu unha rotura de fibras na concentración do equipo nacional en Irún. Vai perder os amigables con Angola e Corea do Sul antes da cita olímpica. Que estea en París dependerá do grao da rotura e de sensacións.

Danila So Delgado, xogadora do AtticGo Elxe, foi chamada polo seleccionador español Ambros Martín para suplir a baixa por lesión da galega e formar parte do equipo nos últimos compromisos amigables que este disputará en Irún como preparación dos Xogos Olímpicos de París.

Estamos a 18 días da estrela de España

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade