Publicador de contidos
Publicador de contidos

A galega Teresa Abelleira e a barcelonista Alexia Putellas, descartes de Montse Tomé

A galega Teresa Abelleira e a barcelonista Alexia Putellas, descartes de Montse Tomé

A gran novidade na lista de convocadas é a nova barcelonista Vicky López

G24.gal 23/02/2024 11:44 Última actualización 23/02/2024 11:49

A barcelonista Alexia Putellas e a madridista Tere Abelleira, que aínda non teñen a alta médica, son os descartes de Montse Tomé, seleccionadora nacional, para a semifinal da liga de Nacións que enfrontará esta noite a España e Países Baixos no estadio A Cartuxa de Sevilla.

Tanto Putellas, que non xoga desde novembro, como Abelleira, que foi baixa os últimos encontros, seguen cos traballos de recuperación das súas lesións e finalmente non poderán ser da partida nun choque transcendental tamén porque están en xogo a clasificación para París 2024.

A gran novidade na lista de convocadas é a nova barcelonista Vicky López, lucirá o dorsal 3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos