Publicador de contidos
Publicador de contidos

A gandería galega recibirá 3,17 millóns de euros para combater enfermidades animais, entre elas a EHE

A gandería galega recibirá 3,17 millóns de euros para combater enfermidades animais, entre elas a EHE

O Consello de Ministros aprobou este martes, mediante real decreto, as bases reguladoras das axudas para compensar o sector gandeiro polos prexuízos económicos ocasionados pola EHE

Medio Rural crea unha liña de axudas de 5,4 millóns pola enfermidade hemorráxica epizoótica

G24.gal 24/09/2024 13:35

O Goberno vai destinar 23.092.501,35 euros en axudas ao sector gandeiro español para compensar os gastos ocasionados pola enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), financiar o Programa nacional de erradicación da tuberculose bovina e a compra de vacinas contra o serotipo 8 da lingua azul.

Da citada cantidade, a comunidade autónoma de Galicia recibirá 3.168.555 euros dos cales 2.819.625 euros serán de apoio a combater a EHE, informou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) nun comunicado. O Consello de Ministros aprobou este martes, mediante real decreto, as bases reguladoras das axudas para compensar ao sector gandeiro polos prexuízos económicos ocasionados pola EHE.

Ademais, autorizou a distribución de fondos por valor de 15 millóns de euros entre as comunidades autónomas para combater as perdas por esta enfermidade. O Goberno autoriza, ademais, a distribución doutros 8,09 millóns de euros para diversos programas nacionais de sanidade animal, en tuberculose bovina e lingua azul.

As axudas irán destinadas a compensar polas perdas de animais, pola desinsectación das explotacións e polos gastos veterinarios incorridos polo gandeiro para loitar contra esta enfermidade, entre os que se inclúen os desembolsos para a adquisición de vacinas para aqueles gandeiros que decidan voluntariamente utilizala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar