Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a aparición de restos de animais nunha granxa de Outeiro de Rei

Investigan a aparición de restos de animais nunha granxa de Outeiro de Rei

O antigo dono da explotación, sen actividade dende 2020, resultou imputado

Félix Aragunde 07/07/2022 13:01

Uns restos de animais apareceron nunha explotación gandeira de San Fiz de Paz, en Outeiro de Rei. Son os ósos dun can e de seis cabezas de gando vacún. Foron localizados logo de que a granxa, sen actividade dende 2020, fora embargada por impago por parte do seu anterior dono.

José Luis Bodenlle, actual propietario da granxa: "Eses restos apareceron porque veu unha empresa de limpeza mandada polo banco que embargara a granxa. Eu vin restos de animais, o esqueleto só, pero non sei de que tipo de animal era".

Como consecuencia deste achado, o que era o dono da granxa está agora a ser investigado pola Garda Civil. Sospéitase que os animais puideron quedar abandonados ata que faleceron por falta de comida e de auga.

José Luis Bodenlle, actual propietario da granxa: "Apareceron animais, que en realidade non sei de cando quedaron. Hai sobre tres anos que non hai animais na granxa. Iso tivo que quedar aí. Ou entraron na granxa, non deron saído e puideron morrer, tamén".

O antigo titular da explotación foi imputado, de feito, como autor dun posible delito relativo á protección da flora, da fauna silvestre e dos animais domésticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade