Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil non aprecia indicios de delito na actuación de Begoña Gómez

A Garda Civil non aprecia indicios de delito na actuación de Begoña Gómez

Segundo publica El País, a UCO non acredita que a esposa do presidente do Goberno influíse no rescate de Air Europa nin nos concursos convocados por Red.es

A UCO di que Koldo tratou de reunirse co presidente de ADIF por unha obra nun tramo entre Monforte e Lugo

Begoña Gómez (e) durante a segunda sesión do debate de investidura de Pedro Sánchez como presidente de Goberno, no Congreso dos Deputados, o 16 de novembro de 2023 (Eduardo Parra / Europa Press).
G24.gal 21/05/2024 08:35

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil non atopou indicios do delito de tráfico de influencias denunciado por Manos Limpias en relación cos traballos de Begoña Gómez, muller do presidente do Goberno Pedro Sánchez, segundo publica hoxe o diario El País.

Nun informe enviado ao xuíz Juan Carlos Peinado, que abriu dilixencias contra Begoña Gómez tras a denuncia de Manos Limpias, a UCO non atopa que a esposa do presidente tivese algunha influencia no rescate de Air Europa nin tampouco nos concursos convocados por Red.es, informa o xornal.

A Garda Civil analizou ao detalle as axudas públicas que, segundo a denuncia, recibiron dúas empresas pola suposta mediación de Begoña Gómez: o rescate de Air Europa polo Consello de Ministros (450 millóns de euros) e as axudas de Red.es (dependente do Ministerio de Economía) a Innova Next, propiedade de Juan Carlos Barrabés, profesor do máster da cátedra da Universidade Complutense que codirixía a muller do presidente.

Segundo El País, que cita fontes coñecedoras do informe que chegou ao xulgado 41 de Madrid, a UCO non puido comprobar nin ten datos que permitan acreditar a influencia de Begoña Gómez no millonario rescate que o Goberno español realizou a Air Europa en 2020.

En canto a Barrabés, a UCO asegura que non atopou ningunha vinculación con Begoña Gómez dos membros da mesa de contratación de Red.es que adxudicou dous contratos á empresa Innova Next.

A Garda Civil indica tamén que Begoña Gómez non recibiu ningunha subvención pública, segundo a Base de Datos Nacional de Subvencións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade