A Garda Civil séguelle a pista ao Rambo galego no concello de San Sadurniño
A Garda Civil séguelle a pista ao Rambo galego no concello de San Sadurniño
Agrediu un veciño na súa casa tras ser sorprendido no garaxe
O último lugar onde viron a Alfredo Sánchez Chacón, alcumado o Rambo galego, foi na parroquia de Santa Mariña do Monte, en San Sadurniño. E máis concretamente nunha casa onde agrediu o propietario tras ser descuberto no garaxe. Golpeouno cun bastón na cara e fuxiu coa súa carteira.
Media hora despois, os donos dun mesón situado a escasos metros notaron como se acendían as luces de movemento do seu negocio e xa o viron como andaba na porta. Ao ver que estaba pechada, fuxiu polo monte.
Polos seus movementos e pode que pola presión que sentiu na zona do Eume, cren que cambiou de recuncho para o concello de San Sadurniño.
Leva fuxido desde o 15 de marzo do ano pasado que non regresou ao cárcere de Monterroso tras un permiso penitenciario. Estaba cumprindo condena por matar dun tiro un mozo en Cuntis.