A Gardería Fluvial controla e protexe a calidade das augas dos ríos de Galicia
Encárganse de controlar a calidade das augas ao longo de milleiros de quilómetros de ríos a través de inspeccións de verteduras de obras e de captación de augas
Galicia conta cun importante patrimonio fluvial que é necesario preservar, e diso ocúpase a Gardería Fluvial. Un exército de técnicos despregados polas catro provincias encárganse de controlar a calidade das augas ao longo de milleiros quilómetros de ríos que temos en Galicia.
Traballan sen descanso para preservar as ribeiras dos ríos. Os gardas fluviais realizan inspeccións de verteduras, de obras e de captación de augas.
"Levamos temas de limpezas de río e de obstrucións que podamos atopar e que prexudican cando hai unha avenida, é dicir, unha arriada",explica Yolanda Beade, unha das técnicas de Gardería Fluvial.
Tamén en situacións de emerxencia que é necesario resolver para preservar a calidade das augas. Cando se detecta unha iníciase unha toma de mostras e de busca do punto de orixe, para o que se empregan as máis modernas técnicas de control. É o caso do trazador fluorescente.
"Empregamos un colorante que nos axuda a percibir se un punto de vertido que temos nun punto a 300 metros nos aparece no río e axudarnos a atopar a procedencia do vertido", indica José Carlos Vega, un dos técnicos de Gardería Fluvial.
Os controis periódicos das zonas de concesións industriais forman parte da programación coa que traballan os gardas fluviais. Un labor que lles permite ir notando un cambio na conciencia ambiental.
"As empresas vanse concienciando cada vez máis en que é importante xa non só pola imaxe senon tamen para que toda a ciudadanía reciba melloras nos ríos e na calidade das augas", afirma José Carlos Vega.
"O río é moi agradecido, é dicir, ti cando cesas de verter e de provocarlle un dano en moi poco tempo mellora a calidade e o aspecto", di Yolanda Beade.
Os controis periódicos das zonas de concesións industriais forman parte da programación coa que traballan os gardas fluviais. Un labor que lles permite ir notando un cambio na conciencia ambiental.
E outra parte do plan de conservación que se está desenvolvendo na demarcación Galicia-Costa ao que a Xunta de Galicia destina este ano preto de 3 millóns de euros.