Publicador de contidos
Publicador de contidos

A gastronomía e os mariachis, principais atractivos da Festa Mexicana de Avión

A gastronomía e os mariachis, principais atractivos da Festa Mexicana de Avión

XVIII edición da homenaxe anual ao pais de acollida dos emigrantes da localidade

G24.gal 09/08/2024 20:48 Última actualización 09/08/2024 21:13

Avioneses e avionesas dun e do outro lado do charco xuntáronse un ano máis. Os fillos, netos e bisnetos dos que emigraron a México desde finais do século XIX volven cada verán. E a localidade ourensá recíbeos coa Festa Mexicana que xa vai pola décimo oitava edición.

"Somo varios os  mexicano-galegos de primeira, de segunda e ata de terceira xeración. O galego nunca esquece as raíces pero tamén achega as raíces dos países que os recibiron", explica Isabel Gabián, a responsable de organizar a festa.

"A México debémoslle moita gratitude. E por un día traemos México a Galicia", engade.

Unha homenaxe de Avión ao país que os acolleu. Non pode faltar a súa cultura gastronómica, declarada patrimonio da humanidade.

"O prato estrela son as carnitas, os tamales, os tacos e as quesadillas", explican nun dos postos de comida mexicana instalados para a festa.

Tampouco faltaron os mariachis, este ano con dúas agrupacións. Ou as piñatas tradicionais mexicanas en versión para nenos e para adultos.  É moita a xente, sen vínculo nin con Avión nin con México, que se achega a esta festa.

"É moi bonito, sobre todo a música", di unha visitante.

"Por descubrir a gastronomía de México que seica está bastante ben e por probar cousas novas", contan nun grupo de xente nova.

Na Festa Mexicana as cervexas aztecas desbancan ás marcas locais. E se a noite se alonga, nada mellor que compartir un tequila para brindar polo reencontro cos emigrantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar