Publicador de contidos
Publicador de contidos

Restinxido o acceso aos doce concellos máis afectados pola DINA

Restinxido o acceso aos doce concellos máis afectados pola DINA

Miles de voluntarios buscan como chegar á zona cero da catástrofe malia a prohibición

No municipio valenciano de Pedralba localizaron os cadáveres de tres veciños

G24.gal 03/11/2024 14:54 Última actualización 03/11/2024 17:10

Milleiros de voluntarios cruzaban este domingo as pontes que separan a cidade de Valencia dos municipios da comarca de l'Horta dispostos a continuar cos traballos de limpeza. A prohibición de acceso e o aviso laranxa por chuvias non lles fai desistir do seu propósito.

"Vou a Paiporta, a pesar de que nos dixeron que non vaiamos porque din que vai vir outra vez... Estamos en alerta. O pobo non o cre. Pensamos que é porque vén o Rei e o presidente do Goberno".

"Se non fose pola xente, aquí estarían todos mortos de fame. Agora cando veñen poñen trabas", din dous voluntarios.

O Diario Oficial de Valencia publicaba a última hora do sábado a orde que restrinxía o paso de persoas nos doce concellos máis afectados pola DINA.

Coas limitacións aprobadas, a Generalitat organizou o traslado das persoas dispostas a axudar en 23 autobuses, fronte aos 100 que mobilizou o sábado.

"Vén xente de todo o mundo axudar, a verdade é que emociona", di unha voluntaria.

"A nosa misión principal é despexar todas as arterias da poboación para que os vehículos de emerxencias poidan acceder libremente", explica un militar.

Uns 4.300 militares traballan na zona para facilitar o acceso a lugares aínda impracticables. Efectivos da UME achican auga e retiran lodo no centro comercial Bonaire, de Aldaia, que é un dos lugares onde se teme que podería haber máis falecidos.

"No estacionamento traballan 50 efectivos, coa axuda de catro máquinas e un caiac".

"Non temos máis información sobre as persoas ou vehículos no seu interior".

"Non se pode especular cos desaparecidos", di o Ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres".

Na localidade de Pedralba localizaron os cadáveres de tres veciños desaparecidos, segundo confirmou o seu alcalde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade