Publicador de contidos
Publicador de contidos

A historia do Ribeiro, a través dos seus nomes

A historia do Ribeiro, a través dos seus nomes

O profesor Frutos Fernández publica unha edición revisada e ampliada de Nomes do Ribeiro

Inclúe un estudo sobre os nomes das castes de uvas da denominación de orixe máis antiga de Galicia

G24.gal 19/06/2023 21:03 Última actualización 19/06/2023 21:30

Desde San Clodio, onde se erixe o magnífico mosteiro que animou a actividade vitícola da comarca, e onde naceu Frutos Fernández, comezamos esta viaxe dos nomes do Ribeiro.

Frutos Fernández, autor de Nomes do Ribeiro: "A toponimia é moi importante para coñecer cuestións coma o poboamento, as paisaxes...".

No pazo familiar do historiador franciscano Samuel Eiján, comprobamos que os nomes tamén caducan. Este lugar chámase Cabo, porque estaba no extremo da parroquia, pero hoxe en día queda de camiño. "Un lugar que hai un pouco máis arriba está máis apartado, pero chámase Cabo porque a estrada que pasa agora por aquí é nova", explica Frutos.

Tamén falan os nomes da antigüidade das cousas. Para explicar a etimoloxía do río Avia, a espiña dorsal da comarca, hai que remontarse ás linguas prerrománicas: "O famoso Avon, onde está a casa de Shakespeare, ten a mesma raíz ca este".

Castes autóctonas

Desde unha das adegas mellor conservadas, cóntanos o profesor de onde veñen os nomes da denominación de orixe máis antiga de Galicia, con castes autóctonas tan distinguidas coma o godello, o torrontés ou a treixadura, posiblemente derivada de cereixa dura.

"As uvas de treixadura son duras, consistentes, e un acio moi pechado, de uvas moi apretadas", comenta Frutos.

Como a toponimia non é unha ciencia nin exacta nin finita, seguro que pronto reunirá material para unha nova publicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade