Barbón di que defenderá a oficialidade do nome ría do Eo "por terra, mar e aire"
Barbón di que defenderá a oficialidade do nome ría do Eo "por terra, mar e aire"
Asturias e Galicia continúan a tirapuxa a conta do topónimo oficial da ría entre ambas as dúas comunidades
O goberno do Principado responde á decisión da Xunta de defender pola vía xudicial o nome ría de Ribadeo
Asturias e Galicia continúan o seu tirapuxa a conta do topónimo oficial da ría situada entre as dúas comunidades. O goberno do Principado respondeu á decisión da Xunta de defender pola vía xudicial a denominación oficial única de ría de Ribadeo.
A pesar das semellanzas na fala nas dúas beiras do río Eo, o entendemento entre Asturias e Galicia a este respecto segue sen chegar.
A denominación oficial foi ría de Ribadeo ata novembro do ano pasado, cando o Instituto Xeográfico Nacional resolveu darlle a mesma validez tamén ao nome ría do Eo.
"O que fai o Goberno, despois de atender ás nosas alegacións e de demostrar que historicamente na parte asturiana sempre se chamou ría do Eo, é dicir, que os dous conceptos convivan. Non é que se suprima a ría de Ribadeo que reivindica a Xunta, é que os dous sexan oficiais", di o Presidente do Goberno asturiano, Adrián Barbón.
No último Consello, a Xunta acordou presentar un recurso ante o Tribunal de Xustiza de Madrid contra a oficialidade da denominación ría do Eo. E no Principado parecen dispostos a non quedar atrás.
"Eu non vexo ningún conflito. Defenderemos por terra, mar e aire a denominación ría do Eo", asegura Barbón.
O concello de Ribadeo, a Deputación de Lugo, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega defenden a oficialidade en exclusiva do nome ría de Ribadeo.