Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Hora do Planeta apaga a luz en 190 países contra a crise climática

A Hora do Planeta apaga a luz en 190 países contra a crise climática

Edificios públicos, fogares, empresas e monumentos emblemáticos quedaron ás escuras entre as 20:30 e 21:30 horas

A Porta de Brandeburgo, en Berlín, minutos antes de apagar a luz A Porta de Brandeburgo, en Berlín, minutos antes de apagar a luz
G24.gal 26/03/2023 10:00 Última actualización 26/03/2023 10:14

A Hora do Planeta, unha iniciativa símbolo da loita contra o cambio climático e contra a perda da biodiversidade, apagou as luces este sábado durante sesenta minutos en máis de 190 países.

Edificios públicos, fogares, empresas e monumentos emblemáticos quedaron a escuras entre as 20:30 e 21:30 horas, segundo a web do Fondo Mundial para a Natureza (WWF).

A celebración prodúcese a mesma semana en que o Grupo Intergobernamental Experto sobre o Cambio Climático (IPCC) publicou un novo informe desolador.

Segundo advirte o documento, a xanela de oportunidades para lograr "un futuro vivible e sostible para todos" se está a pechar rapidamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade